Abre los ojos para que todos te vean
Diseño gráfico creativo, limpio e impactante para personas sin miedo a las ideas. Diseñador gráfico en Galicia con una década de experiencia. Imagen corporativa, diseño editorial, packaging.
Identidade corporativa de Parques Naturais de Galicia
Deseño do novo sistema de identidade da Rede de Parques Naturais de Galicia e de cada un dos seis parques que fan parte dela.
Ilustración editorial para a novela Latinoeuropa
Deseño da cuberta do libro Latinoeuropa, da autoría do escritor courelao Miguelanxo Lar. Nesta novela, o protagonista, Nico, emprende unha viaxe desde a Galiza á Cataluña, onde se reencontrará con persoas e revivirá acontecementos do seu pasado.
Identidade corporativa de CETIM
Deseño da nova marca de CETIM, un centro de investigación, desenvolvemento e innovación localizado na cidade da Coruña.
Identidade corporativa Fran Gómez
Deseño da marca que o piloto carballés Fran Gómez, estrearía no seu sétimo rally Dakar.
Identidade corporativa de Terras de Miranda
Deseño da marca turística das Terras de Miranda, territorio constituído por catorce concellos da comarca da Mariña.
Identidade corporativa de Arcay Fishing
Deseño da marca baixo a que David Arcay —xoven tricampión mundial de pesca a mosca— comercializa a súa liña de artigos de pesca.
Ilustración editorial para revista NM
Ilustración editorial para revista NM, unha publicación desenvolvida polos alumnos de deseño gráfico da EASD Ramón Falcón.
Packaging pan conxelado O Forno Galego
Deseño de packaging para a comercialización do pan precocido conxelado O Forno Galego.
Packaging Empanadas Gourmet Chousa
Deseño de packaging para a gama Empanadas Gourmet de Chousa. Materiais con acabado kraft, tradicionais na elaboración caseira da empanada na Galiza.