loading

Fotografía Publicitaria para Chousa

Exemplos de fotografía publicitaria para Chousa — empresa lucense dedicada á fabricación de produtos de panadaría e pastelaría de alta calidade cunha clara influencia da tradición panadeira galega. O obxectivo foi conseguir imaxes versátiles, facilmente adaptables a todo tipo de usos como poden ser catálogos, web, publicidade en prensa, mailings ou pósters. Ademais de presentar o aspecto do produto, estas imaxes ofrecen información adicional facilmente comprensible polo cliente: público ao que vai dirixido, propostas de uso, ingredientes empregados, orixe da receita, etc. Proxectos desenvolvidos en colaboración con Pixel Imaxe e Visualset.

Empresa: Ingapan