loading

Imaxe Corporativa FGFT

En Novembro de 2009, a Fundación Galega da Formación para o Traballo, convocou un concurso entre as tres escolas públicas de deseño gráfico de Galiza para escoller un novo logo para a institución. O meu proxecto gañou a competición e, desde aquela, tiven a sorte de traballar con eles no deseño da imaxe corporativa da FGFT, as publicacións da Fundación e a comunicación e sinalización ambiental das I Xornadas de Formación para o Emprego.

Cliente: Fundación Galega da Formación para o Traballo