loading

Ollares, Arte Contextual

O propósito deste proxecto de arte contextual foi desvendar unha convención social claramente presente na nosa vida cotiá: o feito de apartar o noso ollar do rostro doutras persoas cando imos pola rúa. Facendo uso dun contexto urbano xenuíno, colocamos unha serie de adhesivos con diferentes ollares impresos neles ao longo dunha transitada rúa da Coruña. Neses adhesivos os ollos diríxense a todas partes, excepto directamente aos ollos do camiñante. Esforzámonos en favorecer a evocación da situación real, coa intención de reforzar as implicacións emocionais e para obter a empatía do transeúnte. Traballo conxunto co meu compañeiro Fernando Aparicio Galende.