loading

Pictogramas, Packaging e PLV Empanadas Artesanais Chousa

O lanzamento da nova gama Empanadas Artesanais Chousa requiriu o deseño do aspecto visual do propio produto, dun código de identificación dos sabores válido tanto para o mercado interno como para a exportación, do packaging e dunha serie de elementos de PLV. O método de produción esixía resolver os pictogramas cunha única tira de masa, debido a que son elaborados e colocados a man por operarios. No packaging e nos dispositivos de publicidade no lugar de venda empregáronse materiais con acabado kraft, dada a tradición deste tipo de papel na elaboración caseira da empanada en Galiza.

Empresa: Ingapan