loading

Stencils Nadal 2008

O obxectivo deste proxecto foi realizar unha reflexión sobre o Nadal baixo dúas condicións: integrar a mensaxe dentro do entorno da nosa escola e apropiarse da linguaxe visual destas festas. O uso de stencils permitiu cumprir ambos propósitos. Os temas escollidos foron: o consumismo, a tristeza das persoas abandonadas e as implicacións morais esquecidas e case ocultas desta tradición. Traballo conxunto co meu compañeiro Fernando Aparicio Galende.